çNo primeiro trimestre reunímonos quincenalmente para gozar da lectura de dous libros.
Co club dos máis novos comentamos "Un monstro vén a verme", a famosa novela de Patrick Ness, galardoada con varios premios e na que se basea a película do mesmo título.
O Club de 4º de ESO e Bacharelato leu o libro de Eva Mejuto "Memorias do silencio" que se inspira na historia real das irmáns Touza, que pertencían a unha rede clandestina que axudou a máis de 500 xudeus a fuxir dos nazis cruzando a fronteira desde Ribadavia cara a Portugal.
Manteñeremosvos ao tanto das nosas novas lecturas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario