martes, 20 de decembro de 2022

Reseña "Un elefante na sala de estar"

Icía comparte connosco a impresión xeral deste libro no Club de lectura! 
"No club de lectura limos Un elefante na sala de estar de Berta Dávila. É un libro que trata o tema da saúde mental, en especial do suicidio. Nós puxemoslle unha nota de 8 sobre 10. Gustounos como tratou a autora o tema e a forma na que está escrita o libro. Recomendamos moito este libro."

#bibliotecasescolaresdegalicia #clubdelectura #bibliotecasaturninohermida #iesconcepcionarenal #lecturasadolescentes


 

martes, 29 de novembro de 2022

Lecturas Novembro

Despois de abordar, no mes de outubro, o tema da saúde mental, en novembro foi o turno  do tema da violencia, tanto escolar como de xénero, con posibilidade de escolla entre unha variedade de títulos, que podedes ver no cartel que vos amosamos.




martes, 11 de outubro de 2022

1ª Reunión

Hoxe, martes día 11, iniciou a súa nova andaina o club de lectura do grupo integrado polo alumnado da ESO. Algúns xa son "vellos coñecidos" e outros son "novas incorporacións", pero a todxs elxs queremos desexarlles un bo desfrute nesta aventura lectora.


Aquí vos deixamos a información sobre a temática e a lectura que se abordará ao longo deste mes.








martes, 4 de outubro de 2022

mércores, 1 de xuño de 2022

Finalización Club de Lectura

 Hoxe, mércores 1 de xuño, tivo lugar a última reunión do Club de Lectura do alumnado da ESO. Recibiron uns diplomas pola súa participación e constancia, e cada un deles recomendou a súa lectura preferida, que aquí vos amosamos.

Esperamos contar con tod@s vós o vindeiro curso. Boa fin de curso e boas lecturas.




mércores, 4 de maio de 2022

Lecturas Maio

 Este mes de maio, que adicaremos as Letras Galegas,  o club de lectura da ESO rematará a súa andaina deste curso cunhas lecturas en galego, que aquí vos amosamos. 



mércores, 27 de abril de 2022

Visita Feira do Libro

 Como xa vos anunciamos, o Club de Lectura do alumnado da ESO xunto,  coa súa responsable Jennifer, visitou o pasado venres a Feira do Libro.  Aquí podedes velos a tod@s posando xunto con Fini Sesmonde, unha  das autoras que estaban a firmar os seus libros. Foi unha experiencia moi apreciada pola rapazada do club que xa están a desexar repetir esta aventura.


xoves, 21 de abril de 2022

Actividade e Lecturas

Despois das vacacións, retomamos a andaina dos clubs de lectura con dúas actividades: Por unha banda, o grupo da ESO visitará este venres a Feira do Libro, instalada no Cantón da nosa cidade do 22 ao 24 de Abril, e por outra, o grupo de bacharelato reunirase para falar da súa lectura para este mes de abril.

 

mércores, 30 de marzo de 2022

Lecturas mes de abril

Neste novo mes adentrarémonos na mitoloxía galega lendo relatos cortos, ademais de compartir as nosas lecturas favoritas.



mércores, 16 de marzo de 2022

Apadriñando lecturas

 Dúas alumnas de 1º bacharelato reuníronse co grupo de lectura da ESO para falarlles e recomendarlles as lecturas de carácter científico que estiveron a ler en clase. Moitas grazas a Alejandra e Raquel, de 1º Bac. A, por atender a todas as cuestións que se lles plantexaron e compartir o seu tempo con nós.











martes, 1 de marzo de 2022

LECTURAS MARZO

 Neste novo mes, aproveitaremos a celebración do Día Internacional da Muller para afondar nas figuras de Marie Curie e Rosa Parks, lendo os libros que aquí vos amosamos.






mércores, 19 de xaneiro de 2022

LECTURAS FEBREIRO

Rematado o primeiro trimestre, empezámolo ano con novas lecturas. Este mes o grupo dos máis novos  lerá manga. Deixámosvos aquí os títulos que xa podedes pasar a recoller pola biblio.