venres, 10 de novembro de 2023

CLUB DE LECTURA CIENTÍFICA

 

Un venres máis seguimos a afondar nas enigmas científicas da Illa misteriosa de Jules Verne. Aínda estades a tempo de unirvos a esta aventura.


xoves, 19 de outubro de 2023

1ª REUNIÓN CLUB DE LECTURA

Ola a todxs, amosámosvos  o cartel informativo da primeira reunión dos clubs de lectura xeral e de lectura manga & cómic.



venres, 29 de setembro de 2023

 Un curso máis dámosvos a benvida á nova andaina do Club de Lectura. Queremos informarvos de que este ano contaremos tamén cun Club de Lectura científica e  Club manga. 

Aínda estades a tempo de apuntarvos.




martes, 20 de xuño de 2023

VERÁN CON LIBROS

Chegou o momento de deixar atrás os apuntes e os libros de texto e de empezar a desfrutar das merecidas vacacións. Esperamos que durante este tempo de lecer vos deixedes acompañar por algún libro e por iso aquí vos deixamos estas recomendacións lectoras.

BO VERÁN E FELICES VACACIÓNS A TOD@S!!!


xoves, 1 de xuño de 2023

ÚLTIMA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

Este martes, día 30, tivo lugar a última sesión  e despedida, por este curso,  do club de lectura. Aproveitando o bo tempo a rapazada quedou para comer nos xardíns do centro.

Desexámosvos a tod@s unhas boas vacacións e ÁNIMO COS ÚLTIMOS EXAMES!!!

Vémonos o vindeiro curso.



martes, 16 de maio de 2023

LECTURAS MAIO

 Este mes de maio levarase a cabo a última reunión do club de lectura de este curso. 

Desde 1990, o 17 de maio celébrase o Día Internacional contra a Homofobia, Transfobia e Bifobia, para conmemorar a eliminación da homosexualidade da lista de enfermidades mentais por parte da OMS. Por este motivo as lecturas propostas nesta ocasión xirarán arredor desta temática.



martes, 25 de abril de 2023

VISITA Á FEIRA DO LIBRO E LECTURAS ABRIL

 O pasado venres día 21, co gallo da inauguración da Feira do Libro de Ferrol, o alumnado da ESO do Club de Lectura, xunto coa súa responsable, realizaron unha saída para percorrer  as casetas das librarías participantes, ocasión que aproveitaron para mercar algunha novidade para a biblioteca, a pesar  da choiva...



E xa que abril é o mes de libro, as lecturas propostas para a ocasión  serán as que aquí vos amosamos:



mércores, 1 de marzo de 2023

LECTURAS MARZO

O como xa saberedes o 8 de marzo celebrarase o Día da Muller e, por esta razón, no club de lectura este mes levaranse a cabo lecturas sobre temática feminina e igualdade de xénero. Aquí vos deixamos a selección das propostas lectoras.
 


xoves, 12 de xaneiro de 2023

Lectura Xaneiro

Tras as vacacións de Nadal retomamos a andaina do club de lectura. Neste mes abordarase  o tema do Holocausto e as inxustizas dos  fascismos a través do libro Recinto gris da autora galega Ledicia Costas. 

A reunión levarase a cabo o martes 31 quedando a xantar para falar sobre a obra.