luns, 15 de novembro de 2021

Por fin chegou o día...

 Despois dun curso sen club de lectura, reanudamos a actividade con grande ledicia e moita participación.

Moitas grazas a tod@s!



xoves, 4 de novembro de 2021

1ª SESIÓN DO CLUB DE LECTURA DE BACH

 Retomamos tamén con  moita ilusión o club de lectura dos máis maiores que terán a súa 1ª sesión o 23 de novembro, para conversar sobre a obra "o club Dumas". 



martes, 26 de outubro de 2021

REUNION do CLUB DE LECTURA ESO

 O mércores reunirase de novo o club de lectura dos máis novos do instituto. Ler foi sempre un agasallo de mundos novos e estamos especialmente felices de poder retomar este club, despois dun ano de pausa. 

Moitas grazas a tod@s @s participantes e aos profes que fan posible esta tarefa. Este é o comenzo!



sábado, 2 de outubro de 2021

Club de Lectura 2021-22

 Temos  o gran pracer de poder anunciarvos que este curso imos a recuperar o club de lectura da man da   profesora de francés Jennifer que contará tamén coa axuda da profesora Ana Vizoso. 

Pasádevos pola Biblioteca e informádevos.



venres, 26 de febreiro de 2021

CANCELACIÓN DO CLUB DE LECTURA

 Este curso 2020-2021, decidiuse non organizar o Club de Lectura debido á alerta sanitaria de comenzos de curso. Ante a inseguridade de cómo ía desenvolverse a actividade académica, tomouse esta triste decisión.

Pero non vos preocupedes, non é un ADEUS, só un ATA O VINDEIRO CURSO!