Saúdos!
Imos comezar a actividade do Club de Lectura. Pasade pola biblioteca entre as dez e a unha e media para apuntarvos. Este curso escollemos o lema "Ler alarga a vida", afirmación que é verdadeira tanto literalmente, xa que hai estudos que proban que os lectores viven dous anos máis,
como en sentido metafórico, ler permítenos dilatar as nosas vidas prodixiosamente metendonos na pel de innumerables personaxes.
Esperámosvos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario