venres, 10 de novembro de 2023
CLUB DE LECTURA CIENTÍFICA
xoves, 19 de outubro de 2023
1ª REUNIÓN CLUB DE LECTURA
venres, 29 de setembro de 2023
CURSO 2023-24
Un curso máis dámosvos a benvida á nova andaina do Club de Lectura. Queremos informarvos de que este ano contaremos tamén cun Club de Lectura científica e Club manga.
Aínda estades a tempo de apuntarvos.
martes, 20 de xuño de 2023
VERÁN CON LIBROS
Chegou o momento de deixar atrás os apuntes e os libros de texto e de empezar a desfrutar das merecidas vacacións. Esperamos que durante este tempo de lecer vos deixedes acompañar por algún libro e por iso aquí vos deixamos estas recomendacións lectoras.
BO VERÁN E FELICES VACACIÓNS A TOD@S!!!
xoves, 1 de xuño de 2023
ÚLTIMA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA
Este martes, día 30, tivo lugar a última sesión e despedida, por este curso, do club de lectura. Aproveitando o bo tempo a rapazada quedou para comer nos xardíns do centro.
Desexámosvos a tod@s unhas boas vacacións e ÁNIMO COS ÚLTIMOS EXAMES!!!
Vémonos o vindeiro curso.
martes, 16 de maio de 2023
LECTURAS MAIO
Este mes de maio levarase a cabo a última reunión do club de lectura de este curso.
Desde 1990, o 17 de maio celébrase o Día Internacional contra a Homofobia, Transfobia e Bifobia, para conmemorar a eliminación da homosexualidade da lista de enfermidades mentais por parte da OMS. Por este motivo as lecturas propostas nesta ocasión xirarán arredor desta temática.
martes, 25 de abril de 2023
VISITA Á FEIRA DO LIBRO E LECTURAS ABRIL
O pasado venres día 21, co gallo da inauguración da Feira do Libro de Ferrol, o alumnado da ESO do Club de Lectura, xunto coa súa responsable, realizaron unha saída para percorrer as casetas das librarías participantes, ocasión que aproveitaron para mercar algunha novidade para a biblioteca, a pesar da choiva...
E xa que abril é o mes de libro, as lecturas propostas para a ocasión serán as que aquí vos amosamos:
mércores, 1 de marzo de 2023
LECTURAS MARZO
xoves, 12 de xaneiro de 2023
Lectura Xaneiro
Tras as vacacións de Nadal retomamos a andaina do club de lectura. Neste mes abordarase o tema do Holocausto e as inxustizas dos fascismos a través do libro Recinto gris da autora galega Ledicia Costas.
A reunión levarase a cabo o martes 31 quedando a xantar para falar sobre a obra.