martes, 20 de decembro de 2022
Reseña "Un elefante na sala de estar"
martes, 29 de novembro de 2022
Lecturas Novembro
Despois de abordar, no mes de outubro, o tema da saúde mental, en novembro foi o turno do tema da violencia, tanto escolar como de xénero, con posibilidade de escolla entre unha variedade de títulos, que podedes ver no cartel que vos amosamos.
martes, 11 de outubro de 2022
1ª Reunión
Hoxe, martes día 11, iniciou a súa nova andaina o club de lectura do grupo integrado polo alumnado da ESO. Algúns xa son "vellos coñecidos" e outros son "novas incorporacións", pero a todxs elxs queremos desexarlles un bo desfrute nesta aventura lectora.
Aquí vos deixamos a información sobre a temática e a lectura que se abordará ao longo deste mes.
martes, 4 de outubro de 2022
martes, 20 de setembro de 2022
mércores, 1 de xuño de 2022
Finalización Club de Lectura
Hoxe, mércores 1 de xuño, tivo lugar a última reunión do Club de Lectura do alumnado da ESO. Recibiron uns diplomas pola súa participación e constancia, e cada un deles recomendou a súa lectura preferida, que aquí vos amosamos.
Esperamos contar con tod@s vós o vindeiro curso. Boa fin de curso e boas lecturas.
mércores, 4 de maio de 2022
Lecturas Maio
Este mes de maio, que adicaremos as Letras Galegas, o club de lectura da ESO rematará a súa andaina deste curso cunhas lecturas en galego, que aquí vos amosamos.
mércores, 27 de abril de 2022
Visita Feira do Libro
Como xa vos anunciamos, o Club de Lectura do alumnado da ESO xunto, coa súa responsable Jennifer, visitou o pasado venres a Feira do Libro. Aquí podedes velos a tod@s posando xunto con Fini Sesmonde, unha das autoras que estaban a firmar os seus libros. Foi unha experiencia moi apreciada pola rapazada do club que xa están a desexar repetir esta aventura.
xoves, 21 de abril de 2022
Actividade e Lecturas

mércores, 30 de marzo de 2022
Lecturas mes de abril
Neste novo mes adentrarémonos na mitoloxía galega lendo relatos cortos, ademais de compartir as nosas lecturas favoritas.
mércores, 16 de marzo de 2022
Apadriñando lecturas
Dúas alumnas de 1º bacharelato reuníronse co grupo de lectura da ESO para falarlles e recomendarlles as lecturas de carácter científico que estiveron a ler en clase. Moitas grazas a Alejandra e Raquel, de 1º Bac. A, por atender a todas as cuestións que se lles plantexaron e compartir o seu tempo con nós.
martes, 1 de marzo de 2022
LECTURAS MARZO
Neste novo mes, aproveitaremos a celebración do Día Internacional da Muller para afondar nas figuras de Marie Curie e Rosa Parks, lendo os libros que aquí vos amosamos.